Novas compañías de seguro de accidentes e responsabilidade civil





Tema: 

Con motivo do comezo da nova tempada, informamos das novas pólizas e protocolos de actuación dos seguros de accidentes que darán cobertura aos federados durante o 2019.

Como novidade, estes dous números de teléfono de urxencias figurán no reverso da licenza

- Seguro de accidentes de menores de 6 anos e maiores de 16 anos.

A cobertura ofrecera a compañía Surne (nova) e hai que chamar ao teléfono 981 941 111 antes de acudir ao centro médico concertado (salvo urxencia vital) para obter o número de expediente. O primeiro día hábil hai que poñerse en contacto coa Federación para cumprimentar o parte de accidente deportivo.

- Seguro de Xogade (de 6 a 16 anos).

É o mesmo que na tempada 2018 e o seu teléfono é o 619 818 737 ao que hai que chamar antes de acudir ao centro médico concertado (salvo urxencia vital). A continuación hai que poñerse en contacto coa Federación para verificar o parte de accidente deportivo.

Nova compañía de seguros de RC

Zúrich con nº de póliza 101708956, é a compañía que dará a cobertura de responsabilidade civil os federados nesta tempada.

Para máis información, poden consultar en Accidente Deportivo da nosa web