Novas datas das probas aprazadas





Tema: 

O forte vento e chuvia previstos pola chegada a Galicia da borrasca 'Félix' levaron aos organizadores dos eventos desta fin de semana a aprazar as súas probas.

- O 7º TROFEO BTT DE RALLIE CIDADE DE FERROL de Cross Country Olímpico (XCO), organizado polo Ferrol C.C. e puntuable para a Copa Galicia XCO, disputarase o martes, día 1 de maio. ​

- O VIGOBIKECONTEST, puntuable para a Copa Galicia Enduro, organizado polo Singletrack Outdoor Sports, celebrarase o próximo domingo, 18 de marzo.

- A TRANSGALAICA CONCELLO DE AMES, organizada polo Os Esfola Arrós C.C. e segunda xornada puntuable do Circuíto Transgalaica, cambia a súa data para o vindeiro 15 de abril

- A II RUTA B.T.T. FILLOA DA PEDRA CONCELLO DA BAÑA, organizada polo Negreira C.C. e de carácter cicloturista, celebrarase o día 25 deste mes de marzo. ​

Por outra banda, tamén modifica a súa data o V DH Kamikazes, evento puntuable para a Copa Galicia DHI, que estaba fixado para a vindeira fin de semana e adíase para o 3 de xuño.

Todos estes cambios serán sometidos a aprobación da Comisión Delegada da Federación Galega de Ciclismo.