Novas dos Campionatos de Galicia Fondo en Estrada Máster e Enduro





Tema: 

Vigo e Baños de Molgas son as sedes definitivas para a celebración dos Campionatos de Galicia 2018 que quedaban pendentes de asignación. Estes son os datos:

DOMINGO, 10 DE XUÑO

CAMPIONATO DE GALICIA ENDURO

Club organizador: SINGLETRACK OUTDOOR SPORTS

Ademáis do Campionato, o VigoBikeContest, será a última proba puntuable para a Copa Galicia Enduro 2018.

 

DOMINGO, 26 DE AGOSTO 2018 (Nova data)

CAMPIONATO DE GALICIA FONDO EN ESTRADA MÁSTER

Club organizador: ORENSANO C.C.

O cambio de data será sometido a aprobación da Comisión Delegada da FGC.