O Aluminios Cortizo afronta o 2019 cun equipo renovado





O novo proxecto do Club Ciclista Padronés, na que será xa a súa 63ª tempada nas estradas, ponse en marcha este venres coa celebración da presentación oficial dos seus equipos das diferentes categorías. O acto, que comezará a partir das 20.30 horas no auditorio do Centro Social de Padrón, servirá para ver por primeira vez a todo o equipo xunto coas cores do club para a nova tempada 2019.

Así mesmo, a presentación tamén contará coa presenza dos corredores e técnicos das diferentes categorías incluíndo as 11 novas incorporacións que, xunto cos 6 corredores que cotinúan do pasado ano forman o equipo élite do equipo de Padrón.

O conxunto dirixido por Branco Villar reforzou a categoría Sub-23 con vistas a facer un bo papel na Copa de España. No global da escadra padronesa, e renovados Anxo Lorenzo, Angel Fraga, Iván Venter, Gonzalo Cubino o Raúl García de Mateos, sumaronse entre outros o vigués Raul González, Javier Tellería ou o uruguaio Matías Presa.

Tras a presentación, o equipo elite e sub-23 realizará o seu debut desta tempada o vindeiro domingo 10 en Prova de Abertura, en Portugal.

©Fonte: CC Padronés