O Campionato de España XCM e dúas xornadas do Open estatal de Enduro celebraranse en Galicia no 2020





A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) aprobou na súa última reunión a celebración do Campionato de España de Cross Country Maratón (XCM) 2020 en Lalín, así como a disputa de dúas xornadas puntuables para o Open de España de Enduro 2020 nas localidades galegas de Moaña e Mugardos.

A cita coa quinta edición da Lalín Bike Race na comarca do Deza será o 30 de agosto, mentres que na primavera a nosa comunidade centrará a atención no Enduro español. O 19 de abril o Open desta especialidade chegará ao Morrazo para vivir a súa terceira xornada e o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, a Mugardos, onde se resolverá o certame estatal na quinta proba puntuable. 

 

Máis información