O Campionato de Galicia BTT-Maratón o 23 de setembro en Vilalba





Tema: 

Finalmente, o mes de setembro acollerá os dous Campionatos de BTT dedicados a longa distancia. Debido ao adiamento da primeira data no mes de xuño, o Campionato de Galicia Cross Country Maratón terá lugar o domingo 23 na localidade de Vilalba, baixo a organización do Vilalba-As Pontes, C.C. Xusto o fin de semana anterior, o domingo 16, celebrarase o Campionato de Galicia Cross Country Ultramaratón en Lalín organizado polo Extol-A Gramola Team, C.D. sendo á súa vez, a última proba puntuable do Open de España 2018.