O Campionato de Galicia de estrada Cadete, Júnior e Feminino celebrarase o 7 de setembro en Monforte





Modalidades: 

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o técnico Municipal de Deportes do Concello, Óscar Rodríguez, mantiveron este luns unha reunión na Casa do Concello co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, co fin de analizar a viabilidade da organización en Monforte do Campionato Galego de Ciclismo Fondo en Estrada 2019 para categorías Cadete e Júnior masculino e feminina, e Sub-23, Élite e Master feminina.

Na reunión tratáronse temas como o percorrido de cada unha das probas e a súa seguridade, previsibles cortes de tráfico así como a repercusión social dun evento que estima unha participación duns/dunhas 300 ciclistas que, ó tratarse de categorías de base, de seguro acudirán a Monforte acompañados por familiares e amigos.

O campionato terá lugar o sábado 7 de setembro en horario de tarde e proximamente daranse a coñecer os percorridos de cada unha das categorías.