O centro de Vigo tomado pola Atlantic Bike Vigo, a única feira integral da bicicleta no Noroeste Peninsular





Tema: 

Pola súa inmellorable localización, a cidade de Vigo ofrece ao mundo da bicicleta un perfecto balcón ao Norte de Portugal e a todo o Noroeste Peninsular. A cidade xunto coa súa comarca foron berce dunha longa traxectoria ligada ao ciclismo e á bicicleta con destacados éxitos ao máis alto nivel internacional, con vitorias absolutas en 3 edicións da Vuelta a España e no Tour de Francia. No caso das tres voltas a España foron Delio Rodríguez (1945), Emilio Rodríguez (1950) e Álvaro Pino (1986). O único gañador galego do Tour de Francia é Óscar Pereiro (2006).

Atlantic  Bike Vigo será o único escaparate en Galicia dedicado  integralmente ao mundo da bicicleta coa presenza de marcas de bicicletas, roupa e moda de ciclismo, complementos e accesorios, cicloturismo, tecnoloxía e  biomecánica aplicadas ao ciclismo, Saúde e nutrición, Novos produtos, competicións e clubs, entre outros sectores.

Terá lugar os días 19, 20 e 21 de Outubro 2018 no Exhibition Center do Peirao de Transatlánticos de Vigo.

A organización, a cargo de Global Iniciativas Empresariles  S. L, traballa por dotar ao salón dunha oferta diferenciada e atractiva, tanto para o visitante profesional, como o  amateur, cunha variada proposta que cobre un amplo espectro de opcións.

Situada no  Exhibition  Center do Peirao de Transatlánticos de Vigo, en pleno centro da cidade de Vigo, que se configura como punto de encontro e zona de gran concentración de público,  Atlantic  Bike Vigo contará cunha zona exterior, anexa, onde se celebrarán exhibicións, demostracións e múltiples actividades ligadas á bicicleta e o seu mundo e  contando coa Federación Galega de Ciclismo como dirección técnica das actividades deportivas.

Ademais, as empresas expositoras contarán cunha zona para realizar as súas presentacións comerciais e reunirse con posibles clientes no denominado  Forum  Atlantic  Bike.

Vigo, grazas a eventos como o  Marisquiño, conseguiu un amplo prestixio internacional ligado á cultura urbana, entre os que destacan os asociados á bicicleta.

ATLANTIC  BIKE é un certame profesional de marcado carácter transfronteirizo e uns claros valores engadidos: as firmas expositoras teñen neste evento múltiples ferramentas para promocionar a súa imaxe corporativa, establecer contacto directo con clientes potenciais, tomar o pulso á competencia e acceder a un mercado potencial de sete millóns de persoas.

Entre os seus obxectivos máis relevantes figuran a difusión das novidades en produtos e servizos, así como servir de punto de contacto entre empresas, asociacións, organismos e especialistas referentes no sector.

En  ATLANTIC  BIKE terán cabida as distintas modalidades do ciclismo: montaña, estrada, trial, paseo,  bmx ou  triathlon, etc.

O Salón da Bicicleta do Atlántico  ATLANTIC  BIKE Vigo, nace coa vocación de ofrecer un auténtico escaparate da industria da bicicleta e do ciclismo no Noroeste Peninsular.

Fonte: Comunicación Salón Atlantic Bike