O ciclismo galego gardará un minuto de silencio nas probas desta fin de semana polo tráxico accidente de Mallorca





Tema: 

O mundo ciclismo volve estar de loito por unha nova traxedia nas estradas españolas. Nove ciclistas foron atropelados este xoves en Mallorca por un vehículo todoterreno e un deles faleceu nas últimas horas. 

A Federación Galega de Ciclismo desexa transmitir o seu máis sentido pésame aos familiares e amigos da vítima e amosar o seu apoio ao resto de ciclistas que resultaron feridos.

Para render homenaxe a todos os afectados por este accidente, gardarase un minuto de silencio en todas probas que se celebrarán en Galicia durante esta fin de semana. 

Máis ciclistas mortos non!