O Club Ciclista Carballo celebrou o seu 30 aniversario na súa presentación

×

Mensaxe de erro

Error There is no ACTIVE Load Balancer named 'varnishes-ElasticL-6G4RNU4MXHX9'




Tema: 

Este sábado tivo lugar a presentación da nova temporada do Club Ciclista Carballo, un acto no que tamén se festexou o 30 aniversario da súa fundación. 

Desde a directiva da entidade desexan "resaltar o agradecemento a todos os asistentes, familiares, colaboradores e compañeiros do C.C.Carballo. Tamen ao presidente da FGC Juan Carlos Muñiz, ao seleccionador da FGC Guillermo Sande, ao alcalde do Concello de Carballo Evencio Ferrero, o concelleiro de deportes Marcos Trigo e o Concelleiro de Promoción Económica de Carballo e deputado provincial Xose Regueira.

Neste acto de presentación da tempada 2018 celebramos tamén o 30 aniversario do club, que naceu en setembro de 1988 baixo a presidencia de Jenaro Castiñeiras García. Co motivo deste aniversario quixemos agradecer a colaboración durante todos estes anos ao Concello de Carballo, Carballo Deporte, á Policía local de Carballo e a Protección Civil de Carballo entregándolle un agasallo conmemorativo.

Tamen se recoñeciu a traxectoria de José Manuel Ferreiro Negreira co motivo da sua xubilación pola súa traxectoria periodística e fotográfica no apartado de deportes durante todos estes anos.

Agradecementos ás empresas colaboradoras, que sen elas sería imposible levar as escolas de ciclismo: Construcciones Ramón Vázquez y Reino, Transportes Playa de Razo, Rumacru, Escaiolas Seoane, R100 Galicia, Don Clic, Alea Asesores, Hierros Varela Urbieta, Metalúrgica BB, Panadería Añon, Estación de Servicio As Labradas

Como todos os anos felicitouse os corredores pola boa tempada do 2017 e animouselles para que nesta tempada que comeza o fagan igual de ben ou mellor.

En canto os proxectos organizativos para este ano 2018, como parte da celebración do 30 aniversario, temos proxectadas duas probas:

-A I Challenge Junior Carballo que se celebrará os próximos dias 14 e 15 de abril. Idea de Juan Seoane, director e vicepresidente do club ciclista Carballo e que se leva a cabo baixo o apoio de Carballo a un Paso e a FGC.

-O Trofeo Concello de Carballo 2018 para escolas e cadetes o 26 de maio".

 

Foto: J. M. Ferreiro