O Club Ciclista Ponteareas festexou o seu 40 aniversario cunha gala chea de emoción





Tema: 

 

Este domingo celebrouse no Hotel Balneario de Mondariz a Gala e Presentación do Club Ciclista Ponteareas. Os máis de 400 asistentes quedaron emocionados nun primeiro momento, xa que o acto repasou os 40 anos de historia dun club ciclista coñecido en todo o estado e estranxeiro.

Neste evento quíxose agradecer a empresas, persoas e Institucións o apoio recibido nese tempo. Seguidamente realizouse a presentacion da tempada 2018, non sen antes presenciar a actuación de O Son do Río que alegrou aínda mais a velada.

Durante a presentación proxectáronse varios vídeos, presentouse a todos os deportistas e os equipamentos deste ano, e transmitiuse o agradecemento aos patrocinadores. Todos os asistentes mostraron o seu apoio a este club e quedaron encantados co evento.

Fonte: Club Ciclista Ponteareas