O Comité Técnico de Árbitros celebrou dous cursos formativos





Tema: 

O Comité Técnico de Árbitros (CTA), no seu proceso formativo e de reciclaxe, celebrou dous cursos formativos encamiñados a mellorar a formación do colectivo arbitral, o primeiro centrouse nos programas informáticos Infoflix e Cronofec, programas utilizados pola maioría de Comités territoriais, e que o CTA FGC leva usando os últimos 10 anos.
Doutra banda, tamén tivo lugar un curso de Comisario en moto, onde os xuíces árbitros coñeceron pormenorizadamente o labor do xuíz de chegada ou xuíz en moto.