O Comité Técnico de Árbitros da FGC celebrou a súa reunión anual





Con motivo do inicio de tempada e a celebración da próxima Asemblea Xeral, o colectivo de xuíces-árbitros da Federación Galega de Ciclismo reuniuse esta maña no Hotel Congreso para analizar a pasada tempada e preparar entre outros temas: a Normativa Técnica 2019, revisión das taxas de arbitraxe e o novo formato de cobro.

D. Fco Javier Cajiao, presidente do CTA, acompañado de D. Manuel Escalante abriron a xornada presentando o informe para facer balance do ano 2018. A continuación,  interviu D. Juan Carlos Muñiz, presidente da FGC, para agradecer o traballo do colectivo arbitral. Pablo Leiro, informático da FGC, explicou as novidades dixitais da plataforma web para os árbitros. Guillermo Sande e Begoña Carpinteiro expuxeron os borradores da Normativa Técnica 2019 e para finalizar, o último punto do día foi o de rogos e preguntas. A xornada terminaba cunha comida homenaxe ao árbitro galego de categoría intenacional, José Antonio Cuiñas, coa entrega dunha placa conmemorativa.