O Cortizo-Anova, ao completo na súa presentación oficial





Tema: 

O novo proxecto do Club Ciclista Padronés celebrou a súa presentación oficial este venres nun acto no auditorio do Centro Social de Padrón ao que acudiron os equipos de todas as categorías. Daban así o pistoletazo oficialmente a unha nova tempada, que será a número 61ª, na que se estrea tamén novo patrocinador, Anova, para acompañar na denominación do equipo a Aluminios Cortizo.

O equipo, arroupado polas categorías inferiores e un salón de actos cheo a pesar do temporal, aproveitou para animar ás novas xeracións a seguir crecendo neste gran deporte, mentres se fixaban expectativas de mellora para este próximo ano cun equipo renovado e con incorporacións.

Estrea oficial na Prova de Abertura-Troféu Liberty Seguros
O equipo elite e sub-23 realizará o seu debut oficial en terras portuguesas este domingo. Alí, o Cortizo-Anova terá o seu primeiro test xunto a escuadras profesionais lusas na Prova de Abertura-Troféu Liberty Seguros, que se disputará sobre un percorrido de 160 quilómetros que unirá Anadia con Ovar.

Novo equipo
Como novidades, chegan ao equipo: Aser Estévez e Samuel Rodríguez, procedentes do Rías Baixas; Alejandro Arrivas, procedente de Team Vivo-Grupo OreSy; Hugo Vaz, do Maia; Eduardo García, do CC Vigués e Javier Cantero, do Louletano.

Continúan no equipo: Jorge Martín Montenegro, Marc Sánchez, Samuel Soto, Paulo Silva, Mario Arranz e Iván Prieto. Súmanse tamén de categorías procedentes do equipo junior Carlos Cajaraville e Alexandre Blanco.

Fonte: Clube Ciclista Padronés