O CX Dumbria volve ao calendario cunha quinta edición marcada polas condicions épicas do tempo





Modalidades: 

Tras estar ausente durante dúas tempadas do calendario de competición do ciclocrós galego, o Concello de Dumbría volveu para celebrar a V edición do seu trofeo e fíxoo cumprindo con fartura as expectativas a pesar de que as condicións da xornada obrigaron a botar o peche ás carreiras antes de tempo. O circuíto de Ou Conco presentou no seu retorno un espectacular trazado, épico nalgúns tramos, un ciclocrós esixente da vella escola.

A pesar de ter a previsión de adiantar a hora de saída, a xornada de luz toco ao seu fin cando se estaba no ecuador da última manga obrigando a organizadores e árbitros dar por concluída a carreira para evitar calquera incidencia que puidese derivar da total escuridade que cubría varias partes do percorrido.

Ata a conclusión prematura da proba, o allaricense Iván Feijoo (Maceda) iva dominando con autoridade a carreira pese ao empuxe de Adrián Barros (Ponteareas) e Samuel González ( Kiwi Atlántico). As tres posiciones fixéronse definitivas cando levaban 32 minutos de carreira. Aínda que a medida de finalizar a proba tivo o entendemento unánime do pelotón, iso non impediu que algúns corredores que buscan postos altos no ránking da Copa Galicia, vísense lastrados pola situación como foi o caso de Dario Otero (Compostelán), relgado á oitava praza ou Aser Estevez (Cortizo) no posto 11.

As mulleres elites e sub 23 tampouco puxeron peros ao final anticipado nun circuíto esixente como o de Dumbria. Lucía Vázquez ( Prorebordosa) volveu impoñerse superando por escasa marxe ás junior Noela Saa (Maceda) e Andrea García (Maceda). A líder da Copa, Mª José Gómez (Cambre) finalizou na cuarta praza como segunda elite e defendendo a súa camisola unha jorana máis. Zaiga González (Roseira) foi a mellor sub23 no barro de Dumbría superando a Marta Vila ( Xtrembike) mentras Alba Méndez (Cambre) pechaba o podio da categoría junior.

Entre os mozos junior, nova exhibición do vigués Jorge Fernández (Ponteareas) que avantaxou en dous minutos ao seu principal rival unha vez máis o porriñés Óscar Fernández (Avanza). Coa terceira praza, o santiagués Roi López (Compostelán) estreouse no podio da tempada de ciclocrós.

Miguel Rodríguez Novoa (Ponteareas) volveu impoñerse en cadetes ante o combativo Fabián Rodríguez e Ricardo Martin Buba (Coruxo) que volvía pisar podio esta tempada. Entre as mulleres cadetes non houbo novidades e Laura Capa ( Marin) segue mantendo o seu dominio fronte a Zaira Vila (Coruxo) e Sonia (Dominguez).

A sorpresa relativa tivo lugar na categoría de master 30 na que o líder da copa, Andrés calvete (Monte Xalo) se vió superado polos seus principais rivais, Alejandro Mesáis (Quintena) e Luciano Carretero (Cambre). En master 40 houbo un novo duelo entre Manuel Armada (AGC) e Alejandro Trasbach (Racing) con vitoria do primeiro. Marcos Maio (Btt Treito) volveu mostrar o seu mellor nivel para ser terceiro.

En master 50, o portugués Antonio Sousa (Bifase) deu un novo recital buscando unha particular superación que lle presente con garantías no próximo Campionato do Mundo da especialidade. Javier Lago (Spol) e José Mª Magariños (Condado) acompañárono no podio.

A ausencia total de luz e a intensa choiva obrigou aos organizadores para realizar o acto de entrega de premios nas instalacións cubertas do Conco coa presidencia do Alcalde de Dumbria, José Manuel Pequeño.

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

ELITE

Adrián Valverde

Rías Baixas

Luis Fernández

Avanza

Jorge Punzón

Prebetong

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

SUB23

 

Iván Feijoo

Maceda

Adrián Barros

Ponteareas

Samuel González

Kiwi Atlántico

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

ELITE F

Lucía Vázquez

Prorebordosa

Mª José Gómez

Cambre

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

SUB23

F

Zaida González

O Rosal

Marta Vila

Xtrembike

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

JR

Jorge Fernández

Ponteareas

Oscar Fernández

Avanza

Roi López

Compostelano

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

JR F

Noela Saa

Maceda

Andrea García

Maceda

Alba Méndez

Cambre

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

CD

Miguel Rodríguez

Ponteareas

Fabián Rodríguez

Caimanes

Ricardo Martín Buba

Coruxo

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

CD F

Laura Capa

Marín

Zaira Vila

Coruxo

Sonia Domínguez

Marín

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M3 F

Montserrat Martínez

Saertex

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M3

Alejandro Mesias

Quintena

Luciano Carretero

Cambre

Andrés Calvete

Monte Xalo

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M4

Manuel Armada

AGC

Alejandro Trasbach

Racing

Marcos Mayo

Btt Treito

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M5

Antonio Sousa

Bifase

Javier Lago

Spol

José Mª Magariños

Condado

 

©FOTO Luz Iglesias