O DHU do Marisquiño tomará este domingo o centro de Vigo





Modalidades: 

O festival de cultura urbana do Marisquiño volve contar dentro do seu amplo programa de actividades cunha proba de Descenso Urbano (DHU). Este domingo, baixo a coordinación do C.C. Xtrembike, os riders tomarán o centro de Vigo. 

Ás 8:30 abrirase o check in e comezarán os adestramentos. A quenda clasificatoria arrancará ás 16:00 horas e a final está prevista para as 17:45. Os participantes optan a un premio económico de 500 euros, tanto para o vencedor masculino como para a gañadora feminina.

O Marisquiño presenta este DHU como "unha modalidade única de baixada en Mountain Bike polas costas da cidade de Vigo. Un descenso que substitúe o monte pola urbe nun enclave perfecto para realizar esta proba. Parte dunha fortaleza amurallada no centro da cidade, atravesando o Casco Vello e finalizando no porto de Vigo, en pleno corazón do Marisquiño".

Máis información: https://www.xn--omarisquio-19a.com/post/323/30/06/2017/mtb%20downtown%20update