O galego Mota (Aldro) logra en Castelló a súa primeira proba por etapas





Tema: 

O ciclista galego Cristian Mota ( Aldro Team) proclamouse vencedor da Volta a Castelló e logrou facerse coa primeira carreira por etapas do seu historial deportivo. O ponteareán soubo defender a camisola amarela lograda na xornada previa e impúxose na xeral final a Francísco Galván ( Lizarte) e Gabriel Pons ( Escribano). Tamén se fixo coa vitoria na xeral da montaña.

O éxito de Mota xestouse na terceira das catro xornadas disputadas, consideraba a etapa reina debido ás súas complicacións montañosas. Nestas circunstancias, o do Aldro soubo atacar no último porto do día e vencer en solitario en meta cunha renda de trinta segundos que desbancaba ao ata entón camisola amarela, Kiko Galván ( Lizarte)

Na última etapa disputada en Castelló, ao ciclista do Aldro Team valeulle con defenderse dos ataques dos seus rivais e entrar en meta no mesmo tempo que o gañador do día Xavier Cañellas, o máis rápido na chegada masiva.

 

Clasificaciones