O II Trofeo Poio Movese abre a tempada de ciclocrós en Galicia





A localidade pontevedresa de Poio albergará este domingo a segunda edición do Trofeo Poio Movese, proba inaugural da tempada de ciclocrós en Galicia. A cita foi presentada oficialmente pola concelleira de deportes Marga Caldas, o responsable técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande e o presidente do Poio Bike Club organizador da carreira, Francísco Albar.

A proba dará comezo ás 10:00 no Parque da Seca e daranse catro saídas co fin de separar as categorías. Ás dez será a quenda dos ciclistas master 40 e 50-60 a quen seguirán os cadetes, master 30 e finalmente a proba cos junior e. Media hora antes da proba oficial serán os corredores infantís quen poidan rodar no circuíto como promoción da modalidade de ciclocros entre os máis pequenos.

O calendario de competición autnómico, denominado "Copa de Galicia de Ciclocrós", contará cun total de 17 probas que se prolongarán nos meses de outubro, novembro e decembro. A maiores será o Campionato de Galicia o 30 de decembro para pechar o ano antes da gran cita da tempada: o Campionato de España que terá lugar en Pontevedra entre o 11 e o 13 de xaneiro de 2019.