O junior galego Carlos Canal foi o mellor español da xornada no Mundial de Suiza





O ciclista junior galego Carlos Canal completou a súa participación no Campionato do Mundo de Btt no posto 24º da proba de campo a través distancia olímpica. Unha inoportuna caída privoulle de poder pelexar polo top ten mundialista. O outro galego compoñente da Selección Española, Adrián Barros retirouse.

Canal tomou a saída desde o posto 58º para afrontar os seis xiros ao circuíto suízo de Lenzerheide. O corredor limiano marcouse unha gran primeira volta que lle levou ata a posición 14º a 1 minuto da cabeza onde mandaba o francés Mathis Azzaro.

O trazado técnico, rápido e esvaradío coa fina choiva caída complicaba a remontada do ciclista do Maceda. Pasado o ecuador de carreira chegou a caída sufrida que deixou tocada a súa bicicleta coa roda frouxa e obrigáballe a pasar por boxes perdendo así as opcións de alcanzar ao grupo cabecero.

A falta de dúas volta e a pesar de recuperar unha posición, o galego estaba no posto 25º a máis de catro minutos da cabeza. Canal concluíu a 6´20 minutos do vencedor, o suízo Alexandre Balmer. A prata foi para o alemán Leon Kaiser e o bronce para o francés Mathis Azzaro. O resto de representantes españois, David Campos 32º e Carvacho 51º.

CLASIFICACIÓNS