O Marin presentou ao seu equipo 2018 no marco da Xaxanbike





Tema: 

Púxose oficialmente en marcha a Xaxanbike 2018, a dobre proba de mini btt e btt xco que organiza o Club Ciclista Marín, co acto de presentación da cita deportiva que se celebrará no circuíto xa tradicional do Monte Xaxán. A presentación tivo lugar no Concello de Marín e serviu tamén como posta de longo da formación marinense para esta tempada.

Juan Carlos Ruibal, presidente do CC Marín, Juan Carlos Muñiz, Presidente da FGC e Antonio Traba, Concelleiro de Deportes foron os encargados de acompañar ao grupo de ciclistas que este ano forman parte do equipo e que tomará parte en probas tanto de estrada como de montaña e ciclocrós.