O master Guillermo Álvarez (Condado) defendeu con éxito ao pavillón galego no Mundial de Mol





Modalidades: 

O ciclista galego Guillermo Álvarez (Condado Bike) pechou a súa participación no mundial de ciclocrós master cun meritorio 16º posto entre máis de medio centenar de aspirantes na categoría de 40 a 44 anos. Álvarez saíu motivado lucindo o dorsal número 1 desde a primeira liña e puido aguantar no grupo de cabeza os primeiros compases. Con todo, o empuxe dos representantes franceses e británicos foi relegando ata o posto final.

Durante a proba, "Mito" tivo a deportividade de deterse para facilitar ser sobrepasado para que completase a remontada doutro español: Agustín Navarro (Xixón) que asaltou a segunda praza do podio saíndo desde a sexta liña da grella.

Outro galego como o porriñes José Maceira (Macebike) tampouco tivo unha xornada afortunada por sair moi atrasado e pese ao seu empeño por adiantar posicións rematou no posto 29°.

O vencedor final foi o francés Thibaut Vassa (Mazamet) cun tempo de 49 minutos e 10 segundos. O subcampeonato correspondeu ao español Navarro a 21 segundos e o bronce para outro francés: Laurent Spiesser (Croix en Plane) con 50:22. O representante galego completou a proba en 53:15.

Coma se tratásese dun galego máis, o portugués Antonio Sousa (Bifase) defendeu na localidade belga de Mol, sede deste Mundial, a súa condición de líder da Copa Galicia de Ciclocrós. Sousa tomou parte en master 50-54 e aínda que moi penalizado ao saír desde o posto 40, o ciclista de Paredes concluíu no posto 18º marcando na meta 46 minutos e 34 segundos. O alemán Nicholas Craig (Scott) cun tempo de 40:49 proclamouse Campión do Mundo na súa categoría.

©Foto: Facebook Guillermo Álvarez