O Open de Galicia - Anova de Enduro celebra a súa segunda xornada coa Montefaro Enduro Race by Cabreiroá & Ciclos Roca





Modalidades: 

Este domingo regresa o Open de Galicia - Anova de Enduro coa súa segunda xornada puntuable. Os montes das localidades coruñesas de Mugardos e Ares serán o escenario da Montefaro Race by Cabreiroá & Ciclos Roca.  As inscricións pecháronse con 176 riders anotados para participar no evento organizado polo Club Del Mar de Mugardos. 

Ás 08:30 horas saíra o primeiro corredor dende a sede desta entidade hacia Montefaro. Os cinco treitos cronometrados serán o TC1 Ciclos Roca / Faro, o TC2 Breogán, o TC3 Cabreiroá, o TC4 Breogán e o TC5 Kainzos / DH. Tamén se celebrará un treito urbán de exhibición que non será cronometrado. 

O certame autonómico desta modalidade púxose en marcha con Endurrazo. Na proba celebrada en Moaña fixéronse cos maillots de líderes do Open: Toni Ferreiro (Merida) e Desiree Duarte (Intense) en Elite; Pedro Gonzalo (Bici Verde) nos juniors, Raúl Fernández (Cambre-Caeiro) nos sub23, Tony Pérez (Intense) nos masters-30,  José Manuel López (+Enduro) nos masters-40 e Carlos José Táboas (QueBici-Marcisport) nos masters-50/60. 

Mini BTT e Turonio

O calendario do BTT galego ofrece outras dúas citas máis para este domingo. Os máis pequenos disputarán desde as 11:00 horas no Ferrol o III Mini BTT Val de Esmelle, mentres que os cicloturistas amantes da longa distancia afrontarán a partir das 09:00 horas o Desafío Terras do Turonio no municipio pontevedrés de Tomiño. O Monteferro Bike Club deseñou un percorrido de 113 quilómetros para as parellas e de 67 km para os participantes individuais.