O Open de Galicia - Anova de XCO e o Circuíto Deputación da Coruña fan parada este sábado en Coirós





O XC Caimanes celebra este sábado a súa segunda edición. No circuíto do Lugar da Cortella, ao carón do campo de fútbol da localidade de Coirós, reuniranse 130 bikers para disputar a sexta proba puntuable do Open de Galicia - Anova de Cross Country Olímpico (XCO) e a terceira do Circuíto Deputación da Coruña BTT-XC. 

A cita organizada polo Caimanes Betanzos arrancará ás 16:30 coa primeira das súas dúas saídas. No certame autonómico chegan como líderes Manuel Ángel Parada (Barbanzabike) e Nuria Senra (Eskornabois) en elites, Raúl González (Academia Postal – Actyon – MMR) nos sub23, Adrian Barros (Coruxo) e Alba Arias (Arteixo-MB3) en juniors,  Marco Nube Lema (Academia Postal – Actyon – MMR) e Andrea García (Cambre - Caeiro) en cadetes, Marcos Mayo (BTT O Treito) nos masters-30, Alejandro Trasbach (Racing Cycling) nos masters-40 e José Ramón Castelo (Castro Barbudo) nos masters-50/60.

Pola súa banda, os primeiros clasificados no Circuíto Deputación da Coruña BTT-XC son: Senra e Parada en elites, García e Roi López (Compostelano) en cadetes, Arias e Eloy Espiñeira (Caimanes Betanzos) en juniors, Marcos Roca (Betanzos) nos sub23, Mayo nos masters-30, Trasbach nos masters-40 e Castelo nos masters-50/60.

Mini BTT en Ponteareas

Os bikers máis pequenos tampouco descansan esta fin de semana. O calendario autonómico de Mini BTT fai parada o domingo no municipio de Ponteareas, na competición promovida polo histórica clube desta vila pontevedresa. Ás 10:30 horas darase o primeiro bandeirazo de saída.