O pelotón feminino galego botou a rodar na Volta a Valencia





Modalidades: 

A ciclista sub23 Paula Sanmartín (Eneicue Cycling Team) foi a representante galega mellor clasificada na Volta Ciclista a Valencia 2019, proba internacional que reuniu a unha vintena dos mellores equipos profesionais femininos europeos da actualidade.

Sobre un trazado de 89 quilómetros entre Paterna e Valencia e con máis dun centenar de ciclistas en competición, a viguesa logrou finalizar a 1.33 da gañadora, a belga Lotte Kopecky (Lotto Soudal) que foi a máis rápida no sprint en liña de meta.

Alejandra Puentes, a 1.39 da gañadora, foi a única clasificada do Aleata Farto, conxunto feminino galego que debutaba nesta competición.

©Facebook Paula Sanmartín