O RC Celta Lab 1923 convida á xornada "Transformación dixital no deporte: Ciclismo"





Tema: 

O mércores 16 de outubro ás 17:00 horas terá lugar na Sede do Real Club Celta de Vigo, na rúa do Príncipe, o evento "Transformación dixital no deporte: Ciclismo". Esta xornada organizada polor RC Celta Lab 1923 contará con Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia 2006, como convidado estrela.

Os federados poden realizar a reserva de entradas de forma gratuíta facendo click nesta ligazón e utilizando o seguinte código desconto: FGC