O sudafricano Willem Smit impuxo a súa lei no Ribeiro





O corredor surafricano do Club Ciclista Rías Baixas, Willem Jacobus Smit fíxose coa vitoria na edición número 51 da Volta O Ribeiro Termal, que tivo lugar o pasado sábado baixo unha intensa calor, por momentos superior aos 40 graos, na provincia de Ourense.

O surafricano, punta de lanza do conxunto pontevedrés, completou os 123 quilómetros da proba en 3:02.36 cunha media superior aos 40 quilómetros por hora, demostrando a súa superioridade sobre o terreo ourensán.

Smit avantaxou ao segundo clasificado da proba, que percorreu once concellos da provincia, o corredor do Deputación de León, Roberto Méndez, en 2:18 minutos, entrando tamén en solitario na meta, situada no punto de inicio, Barbantes- Estación.

O terceiro chanzo do podio desta proba, que xa supera o medio século de existencia, foi para o corredor do Cortizo - Anova, Raúl García, a 2:31 de Smit.

Por detrás, un bonito sprint entre tres ciclistas, que se decantou sobre a liña de chegada para Jesús Nanclares, do Rías Baixas. Xunto ao corredor do Rías Baixas, José Luis Mariño (Cambre - Caeiro) e Aser Estévez (Cortizo - Anova), vencedor da pasada edición, que tivo que conformarse co sexto lugar da clasificación xeral da proba.

Xa a máis de cinco minutos do vencedor, outro pequeno grupo de catro corredores que completaron os dez primeiros clasificados.

Pedro Gregori, do Cortizo - Anova, Miguel Santos, do Concello de Porriño e Carlos Iván Vidal e Javier Coria, ambos do Autronic - Club Ciclista Vigués, asinaron un bo papel baixo a sufocante calor ourensá.

En canto á clasificación por equipos, o Cortizo - Anova, grazas á gran actuación dos seus tres primeiros clasificados, que foron terceiro, sexto e sétimo, fixéronse co primeiro lugar, con 1:51 minutos de vantaxe sobre o Club Ciclista Rías Baixas e 14:41 sobre o Deputación de León.

O Club Ciclista Vigués (a 14:50) e o Concello de Porriño (17:39) foron cuarto e quinto, respectivamente.

Por último, dentro da clasificación de montaña e metas volantes, dobre vitoria para o surafricano Smit.

Completaron o podio desta clasificación Roberto Méndez e José Luis Mariño, sendo o terceiro lugar compartido con Aser Estévez, ambos cun punto.

E nas 'volatas' xunto a Willem, Jesús Nanclares (Club Ciclista Rías Baixas) e Gonzalo Cubino (Aluminios Cortizo).

Ao final e co sol xa escondéndose, celebrouse unha emotiva entrega de premios, que coroou aos mellores da competición. 

Fonte: La Región

Documentos: