O X Circuíto Teense inaugurou a temporada máster en Galicia





Modalidades: 

Coa décima edición do Circuíto Teense arrancou o pasado domingo o calendario de estrada para os corredores masters galegos.  O máster-30 José Ignacio Méndez (Garaje Paco) , o máster-40 Rubén Fernández (Norinver), o máster-50 Juan Adolfo Fernández (Máster da Louriña) e o máster-60 Manuel Vigo (Bicis Oliveira) foron os primeiros vencedores da temporada 2019. 

Os masters-30 e 40 competiron sobre unha distancia de 74 kilómetros e tres corredores foron os máis fortes. Rubén Fernández, José Ignacio Méndez e Óscar Montoiro (Illas Cíes) presentáronse na liña de meta con 28 segundos de vantaxe sobre os seus perseguidores. Méndez superou a Montoiro no duelo entre masters-30, mentres que Fernández tiña o triunfo garantido na súa categoría. 

Nesta proba tamén participaron juniors e dous deles formaron parte do segundo terceto que cruzou a liña de meta. Miguel Ángel Mera (MMR) impúxose a Gianni Iannelli (Redondela) e este grupo completouno o máster-40 Mario Álvarez (Deporteseguro).  

A vindeira cita para os masters chegará o 24 de marzo co IV Memorial Fernando Abad en Sigüeiro, primeira proba puntuable para a Copa Galicia de Estrada. 

 

Foto: PuroCiclismo

Documentos: