Ocio e deporte nos 4 Días de Ourense-Provincia Termal





Fundación ADO Moure Pro Deporte presenta un proxecto de catro probas diferenciadas, que se agrupan naa Challenge Os 4 Días de Ourense – A Provincia Termal para ciclistas das categorías, Cadete, Júnior, Sub23 , Elite, Máster (30-40-50-60), como probas Open, “Deporte para todos” no que se puxo un interese especial por deseñar percorridos bonitos e espectaculares para o deporte do ciclismo, ao mesmo tempo que permite gozar dunha comarca cunha notable proxección turística dentro da provincia de Ourense: Baños de Molgas, Maceda, Vilar de Barrio, Paderne, San Ciprian de Viñas, Pereiro de Aguiar e Taboadela. 

A cita terá lugar a partir do xoves 18 de abril ata o domingo 21, unha nova edición de Os 4 Días de Ourense, proba ciclista en formato challenge. Na proba, en todas ou nalgunha das súas etapas, poderá participar calquer ciclista, home ou muller, que se distribuirán nas seguintes categorías: Cadete (nados entre 2001 e 2003), Júnior (nados entre 1995 e 2000), Sub23 (nados entre 1997 e 1999), Elite (nados entre 1989 e 1996) Máster 30 (nados entre 1979 e 1988, 30-39 anos), Máster 40 (nados entre 1969 e 1978, 40-49 anos), Máster 50 (nados entre 1959 e 1968, 50-59 anos) e Máster 60 (nados entre 1949 e 1958, 60-69 anos).

A proba consta de catro etapas independentes, que se disputarán en varios circuítos con saída e chegada no Albergue da Estación de Tren de Baños de Molgas, sede da Fundación Moncho Borrajo, con percorridos que oscilan entre os 69,850 km e os 80,200 km en cada un dos días.

En cada xornada concederanse trofeos aos tres primeiros clasificados en cada unha das sete categorías e dous maillots de líderes aos primeiros clasificados, diariamente, nas dúas clasificacións xerais (cadete, júnior, sub23 e máster 30, por un lado, e máster 40-50-60 por outro, tanto en categoría masculina como femenina).

As edicións de 2014 e 2015 foron gañadas por Javier Iglesias, da Asociación de Ciclistas de Galicia, de Santiago de Compostela no 2014, e do equipo CC Castrosúa de Santiago de Compostela no 2015. 

No 2016 impúxose Rafael Miralles Martorrell, do equipo PC Antoni Gelabert. No 2017, a edición foi para Raúl Portillo corredor do Noriver Cycling Team e 2018, Aser Estevez do Padronés Cortizo Anova

Toda a información das probas, cos seus rutómetros, mapas, perfís, así como a información para as inscripcións, pódese atopar na páxina web www.fundacionadomoure.com.

Fonte: Ciclo21