ORDE DE SAÍDA DO CAMPIONATO DE GALICIA DE CRI





Tema: 

Xa se pode consultar a orde de saída do Campionato de Galicia de CRI que se disputará en Cerceda o xoves 17 de maio a partir das 09:30 da mañá. Nesta edición e debido á alta participación, os corredores da categoría master e as mulleres tomarán a saída cunha diferenza de 30 segundos entre participantes. A partir da categoría cadete a secuencia de saída será cada minuto. Os corredores de categoría elite sairán os últimos neste certame sendo o vixente Campión, Aser estevez (Cortizo- Anova) o último corredor en saír.