Os cadetes porán a emoción da Copa Galicia no X Btt de Maceda





A cita final no X Btt de Maceda resolverá as dúbidas de quen foi os mellores na Copa Galicia 2018 de XCO, sobre todo na categoría de cadetes.

Despois de cinco probas celebradas son varios os ciclistas que lograron sumar puntos suficientes para afrontar a última proba coa tranquilidade de ser os mellores da Copa. Son os casos dos master Manuel Castro (Barbanza – M50), Alejandro Trasbach (Racing – M40) ou Manuel Parada (RS BikeM30), que fixeron pleno de vitorias nesta campaña.

Tamén o sub23 Samuel González (Salvaterra) e a junior Andrea García (Maceda) gañaron as cinco carreiras disputadas do calendario da Copa Galicia Os elites Jorge Punzón ( Prebetong) e Nuria Senra ( Eskornabois) cumpriron o obxectivo de ser os mellores na súa categoría aínda que o de Porriño tras sumar catro vitorias e un segundo mentres a de Narón faio con dous triunfos, un 2º e un 4º posto.

David Aragunde (Armenteira) ten ben encamiñado o seu primeiro posto entre os junior aínda que non debe despistarse. Bastaralle ser quinto en Maceda no suposto dunha vitoria do seu principal rival, o santiagués Roi López (Compostelán).

Na categoría cadete feminina, Noela Saa (Maceda) parte con 110 puntos de vantaxe sobre Laura Capa (Farto). Á macedana válelle con terminar 10ª nunha grella que esta tempada nunca superou as oito integrantes. A Capa sérvelle acabar segunda se Noela non puntúa,

Onde máis igualdade preséntase é entre os cadetes. O triunfo de Marco Nube Lema (Maceda) en Marín deixoulle empatado con Miguel Rodríguez Novoa (Ponteareas). Na carreira de Maceda definirase quen se fai coa Copa na categoría e será aquel que cruce a meta por diante do outro. En calquera caso deben facelo coidándose de Jorge Lorenzo (Coruxo) que podería dar un envorco á situación se consegue vencer e ningún dos seus rivais acaba en postos de podio.

Moita emoción e calculadora en man para vivir en Maceda a última proba da Copa Galicia.