Os ciclistas federados poderán adestrar na súa provincia





Tema: 

A Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) e as súas federacións autonómicas informan no seguinte comunicado da nova Orde SND/414/2020 do 16 de maio que entra en vigor a partir do próximo luns 18 de maio e regula a Fase 2 e modifica ordes anteriores que son de interese para os deportistas.

Modificación da Orde SND/388/2020 que regula o deporte federado desde a Fase 0:

- Inclúese no grupo de deportistas profesionais e deportistas cualificados de alto nivel aos de alto rendemento das comunidades autónomas, como xa informamos en comunicados anteriores.

Para o resto de federados que non son do grupo anterior permítese realizar os adestramentos dentro dos límites da provincia na que teñan a súa residencia. As franxas horarias seguen sendo as mesmas (entre as 6:00 horas e as 10:00 horas e entre as 20:00 horas e as 23:00 horas), podendo adestrarse dúas veces ao día.

- As comunidades autónomas e cidades autónomas poderán agora modificar os horarios do deporte federado e non federado, podendo acordar que as franxas horarias comecen ata dúas horas antes e terminen ata dúas horas despois, a condición de que non se incremente a duración total das devanditas franxas.

Esta modificación entra en vigor a partir do próximo luns 18 de maio, para todos os territorios desde a Fase 0.

Ligazón para ver completa a Orde SND/414/2020