Novas

A Selección de Galicia fíxose coa prata nas remudas en handbike do Campionato de España de ciclismo adaptado





Iván Montero, Miguel Ángel Alonso e Ángel López formaron o trío da Selección de Galicia que abriu os Campionatos de España de Ciclismo adaptado na provincia de Málaga acadando a medalla de prata na proba de remudas en handbike. Venceu Catalunya, con 50 segundos de vantaxe sobre os galegos, e o podio completouno a Comunidade Valenciana. 


Cambio de horario no II Trofeo Patrocinador





O Club Ciclista Oziona-Barbanza, organizador do II Trofeo Patrocinador, comunica unha modificación no horario da carreira deste domingo. 

A sáida atrásase ás 11:20 horas, para todas as categorías

As inscripcions seran de 10:00 a 10:45 h

Os percorridos mantéñense igual

 

Foto: Puro Ciclismo

 

Tema: 

A Selección de Galicia feminina disputa esta fin de semana dúas probas da Copa de España Cofidis 2017





As cadetes Carla Fernández, Andrea García, Antía Crende e Paula Faraldo, a júnior Andrea Tomé, a sub23 Lorena Sanín e a elite Sandra Moral compiten esta fin de semana representando á Selección de Galicia na dobre cita da Copa de España Cofidis 2017 en terras mediterráneas. O sábado dispútase o XV Trofeo Roldán en Murcia e o domingo o Gran Premio Costa Blanca en Alacante. 


Dobre ración dos Open de Galicia – Anova co XCO de Mugardos e o Enduro de Burela





O BTT galego mira nesta fin de semana cara o norte da comunidade. O sábado celébrase na localidade coruñesa de Mugardos o IV XC Montefaro, sétima xornada do Open de Galicia – Anova de Cross Country Olímpico e cuarta do Circuíto Deputación da Coruña, mentres que o domingo en Burela terá lugar o I Enduro Monte Castelo, unha nova competición puntuable para o certame autonómico desta modalidade.


Novo prazo para solicitar o recoñecemento de Deportista Galego de Alto Nivel





A Secretaría xeral para o Deporte  recorda que se inicia un novo prazo para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN) durante todo o vindeiro mes de xuño.

Os interesados deberán presentar: 

Tema: