Os galegos Canal e Barros chamados pola Selección española junior de btt para o Europeo de Austria





Os bikers galegos Adrián Barros e Carlos Canal atópanse en Austria concentrados coa Selección Española de Mtb que este fin de semana disputará en terras austríacas o Campionato de Europa para juniors e sub23.

Trala celebración do Campionato de España de XCO, os ciclistas máis prometedores da nosa canteira encaran agora un dos compromisos importantes do calendario de competición para a categoría junior: o Campionato de Europa de Graz-Stattegg (Austria) que se celebra do xoves 26 ao domingo 29 de xullo.

O seleccionador nacional Cristobal Sánchez contará neste Europeo con dous ciclistas galegos como son Carlos Canal e Adrián Barros que xunto a David Campos formarán o equipo español. Ata agora a experiencia internacional dos dous galegos coa selección centrárase na súa participación internacional na disciplina do ciclocross e este será o seu debut nun Campionato btt xco.

O programa de competición do Europeo iniciarase o xoves coa proba do Team Relay. O día grande será o domingo coa proba de juniors a partir das 11:00.

Toda a información sobre a actuación dos bikers do combinado nacional poderá seguirse mediante o hashtag #TeamESPCiclismo. A etiqueta oficial en redes sociais deste Campionato de Europa de Graz- Stattegg será # EuroMTB18.

Fonte ©RFEC/FGC