Os "ultras" do Btt se citan na Lalin Bike Race





A Terra de Montes coroada pola Sierra do Candán espera a chegada duns 250 ciclistas que o próximo domingo 16 poñerán en Lalín o peche ao  Open de España de Btt Ultramaratón coa disputa da Lalin  Bike Race. A capital do Deza centrará así a atención do ciclismo de montaña nacional e especialmente o autonómico pois a proba ten consideración de Campionato de Galicia da distancia.

Nas últimas semanas os membros do Extol A Gramola e Montes  do Deza traballaron en ultimar os preparativos para facer desta cita un brillante peche ao  Open Nacional. En principio solicitouse esta proba para albergar o Campionato de España de  Ultramaratón, condición que non lle foi outorgada e ao cabo foi “máis un alivio que unha decepción porque talvez viríallenos un pouco grande aínda” tal e como indicaba o responsable da organización, Javier Busto.

Co apoio decidido do Concello de Lalín os organizadores puideron conformar un trazado de 122 quilómetros cun desnivel acumulado de 3.400 m que lle confiren unha dificultade alta. Este percorrido contará coa particularidade de que 30kms serán por navegación  GPS (non estarán sinalizados) seguindo a normativa da  RFEC para este tipo de probas.

Busto avanza que o trazado “fixemos algúns cambios con respecto a edicións anteriores da Lalín  Bike Race. Este ano discorre en gran medida por sendas e camiños antigos nos que a bici non corre e é un auténtico sobe e baixa. Vai facer duro para todos sobre todo no tramo final coas subidas, primeiro ao  Testeiro e logo ao  Conco e o  Candán”.

O campión lalinense recoñeceu que: “persoalmente favoreceríame facer o trazado no sentido contrario. Como son máis diésel prefiro a dificultade ao principio pero así estará a complicación no tramo final. O Testeiro son 9 quilómetros de subida. O Conco e o  Candán son10 quilómetros de subida coa metade de ascenso continuado e o últimos cinco de auténticas ramplas”.

Ademais da distancia de  ultramaratón haberá un percorrido maratón de 80 quilómetros con 2.100 metros de desnivel e un de media maratón con 42 quilómetros e 970 metros de acumulado. A xornada previa reservouse para a entrega de dorsais e a reunión técnica de carreira mentres os máis pequenos poderán realizar  gymkanas de exhibición na Praza da Torre, centro neurálxico da organización.

Un  Open de catro probas

O Open de España de Ultramaratón iniciouse coa disputa da Titán dos Ríos de  Miajadas (Cáceres) onde venceu o ciclista do Estremadura- Ecopilas Dani  Carreño en categoría elite.  Carreño foi o primeiro en completar o percorrido nun tempo de 5 horas e 36 minutos, con case tres minutos de vantaxe sobre Javier Busto ( Extola A  Gramola), segundo clasificado, que se convertía en líder  master 30. A galega Lara Lois ( Extol A Gramola) vencía e vestía a primeira camisola de líder do  Open por diante de Remedios Xurado e María del Mar Lara.

A segunda proba puntuable do Open chegou coa Xamón  Bike  by  Airesano e distinguida como Campionato de Aragón. Novamente Daniel Carreño (Estremadura  Ecopilas) lograba o triunfo e consolidaba a súa situación de líder do  Open. Rafael Márquez e Joseba  Albizu acompañárono nun podio do que se descolgaba Busto que, a pesar de non ter o seu mellor día lograba defender a camisola de líder  master 30. Aínda que  Ramona Gabriel foi a máis forte entre as mulleres, Lara Lois ( Extola A  Gramola) cruzou a meta en segunda posición mantendo o liderado do  Open. Marta Romeo foi terceira. Na categoría de  Master 40 outro galego, Manuel  Golmar ( Extol A  Gramola) ascendía ao liderado da categoría grazas á súa regularidade nas dúas carreiras celebradas.

A Titán  Villuercas de Logrosán, reviviu o duelo entre Dani  Carreño e Pedro Romero (Estremadura  Ecopilas) con triunfo final del primeoro. Lara Lois (Extol-A  Gramola  Team) vencía y confirmaba o seu liderado logrando ademais a vitoria matemática no Open en categoría absoluta feminina e elite. De Extremadura sairon Javier Busto como líder do Open en master 30 e Manuel Golmar (Extol A Gramola) en master 40. Toca defender os maillots na casa.