Oxypro Nutrition, novo patrocinador da FGC





Oxypro Sports Nutrition e a FGC chegaron a un acordo de patrocinio polo que Oxypro será a marca de suplementación deportiva oficial da FGC. Desta forma a Federación une o seu camiño a unha empresa de suplementos deportivos de alta calidade nos que xa confían deportistas da talla da galega Lara Lois, Javi Busto, Miguel Arias ou Marcos Montes entre outros.
Oxypro Sports Nutrition unha vez máis apoiando o ciclismo galego.

Fonte: Prensa Oxypro Nutrition