Pablo Rodríguez e Carlos Canal, convocados para o Mundial de Canadá





A estación de esquí canadense de Mont- Saint-Anne acollerá do 28 de agosto ao 1 de setembro os Campionatos do Mundo de Mountain Bike, aos que a Selección Española acudirá cun total de 17 corredores, que participarán nas modalidades de XCO e Descenso. Dous dos representantes do combinado estatal serán galegos. 

O seleccionador Cristóbal Sánchez convocou a dous especialistas ourensáns en Cross Country Olímpico (XCO). O elite Pablo Rodríguez (Primaflor-Mondraker) e o júnior Carlos Canal (Academia Postal-Maceda) sumarán unha nova experiencia internacional.