PASQUAL CANALS ( INTENSE) FOI O MÁIS REGULAR EN BURELA


Podio da categoria junior en Burela



Tema: 

O catalán Pasqual Canals ( Intense) fíxose coa vitoria absoluta no II Enduro Monte Castro de Burela despois de impoñerse en tres dos catro tramos cronometrados da xornada e un apertado man a man co vigués Tony Pérez (Condado Bike). O último sector foi decisivo e alí o galego só puido ser cuarto superado por Canals e por Manuel Pellón ( BDM) e Borja Caneiro ( DH Galicia) que acabarían como terceiro e cuarto absolutos da proba.

Por categorías, Canals ( Intense) foi a mellor elite mentras Pérez (Condado) era o gañador master 40, Caneiro ( DH Galicia) en master 30 e Carlos Taboas en Master 50. Alejandro Ledo ( Rocasportgian) impúxose en sub23, Mario Fernández (O Rosal) en junior e Eva Abadín ( barbanza) en mulleres.

A proba foi a segunda cita puntuable para a Copa Galicia de Enduro na que mantense o dominio de Tony Pérez (Condado Bike) á fronte da clasificación e a falta da última proba que terá lugar en Mugardos co enduro de Montefaro.