Pésame polo falecemento de José Bernárdez

×

Mensaxe de erro

Error There is no ACTIVE Load Balancer named 'varnishes-ElasticL-6G4RNU4MXHX9'




Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo transmite as súas condolencias aos familiares e amigos do ex ciclista profesional galego José Bernárdez, que morreu a pasada noite aos 82 anos de idade.

DESCANSE EN PAZ

 

Nacido o 1 de outubro de 1935 en Santiago de Compostela, foi profesional durante dez anos entre 1958 e 1968, período no que militou en varios equipos como Lube- NSU (1958), Bilbao- Goyaga (1959), Gorbea- Beyena (1960), Brandy Majestad (1960), Licor 43 (1961), Faema (1962), Pinturas Ega (1963), Ferrys (1964-1966), Olimpia (1967) e Karpy (1968).

Bernárdez forxouse como ciclista na localidade de Padrón, onde chegou a dar nome, en 1956, ao equipo ciclista do CC Padronés, que se denominou Peña Bernárdez. A súa actuación máis destacada foi o cuarto posto obtido no Mundial de 1961 disputado en Berna (Suíza) onde só foi superado por Van Looy, Defilippis e Poulidor.

Ademais, no seu palmarés aparecen, como triunfos máis relevantes, o Gran Premio de Llodio e o Campionato de España para independentes.

 

Información: Ciclo21