Pésame polo falecemento de Miguel Ángel Alonso Sierra





Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo quere transmitir as súas máis sinceras condolencias aos familiares e amigos de Miguel Ángel Alonso Sierra, falecido o pasado domingo aos 46 anos de idade. 

Miguel Ángel participou o ano pasado representando a Galicia no Campionato de España de Ciclismo Adaptado disputado en Málaga, onde acadou a medalla de prata na proba de remudas por equipos. Un éxito polo que el e os seus compañeiros recibiron o recoñecemento do ciclismo galego o pasado mes de xaneiro na Gala celebrada en Lalín.   

Descanse en Paz