Pontevedra acolle esta fin de semana a Copa Galicia e a Copa de España de Ciclocross





Modalidades: 

A proba da Copa de España, que terá lugar o domingo 1 de decembro, é puntuable para que Pontevedra chegue a acoller a Copa do Mundo no futuro. Esta foi a principal idea transmitida na presentación de ambas probas esta mañá, que estivo encabezada pola concelleira de Grandes Eventos, Anabel Gulías, e polo concelleiro de Deportes, Tino Fernández, acompañados polo vicerreitor do Campus de Pontevedra, Jorge Soto, e polo presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

A primeira das probas, que terá lugar o sábado 30 de novembro, será a Copa Galicia que se celebrará en Campañó, e a segunda será a proba internacional da categoría C-2 da Copa de España, que terá lugar na Illa das Esculturas o domingo 1 de decembro e que xuntará preto de 500 deportistas, segundo a previsión da Federación Galega de Ciclismo.

Fonte: Concello de Pontevedra

Foto: Difusion Pro Sport