Posta de longo do Maese Riders Team en Ourense





Tema: 

No marco do Sportur Galicia celebrado en Expourense, presentouse en sociedade este sábado un novo club ciclista con sede na cidade das Burgas. Maese Riders Team dá os seus primeiros pasos con moita ilusión e con máis de cen nenos, entre eles varios con capacidades diferentes. 

A Federación Galega de Ciclismo considera este proxecto "todo un exemplo" e estivo representada polo seu presidente Juan Carlos Muñiz nun acto no que o ex corredor profesional Ezequiel Mosquera exerceu de padriño. A Xunta de Galicia, a través do seu xefe do servizo de deportes na pronvincia, Manuel Pérez; e o Concello de Ourense, co responsable do consorcio municipal de deportes, Mario Guede, tamén arrouparon o nacemento do Maese Riders. 

Formación, promoción e organización de actividades para fomentar o uso da bicicleta e os hábitos saudables son os sinais de identidade deste club presidido por Antonio Piñeiro. A modalidade de Descenso terá un protagonismo destacado dentro desta escola, pero os seus deportistas poderán practicar o resto de disciplinas do ciclismo como estrada, XCO, BMX, trial...