Prazo presentación candidaturas á Asamblea Xeral da FGC





Tema: 

Desde este venres, 5 de outubro ás 00:00 horas ata o martes, 9 de outubro ás 14:00 horas ábrese o prazo de presentación de candidaturas a membros da Asemblea Xeral da Federación Galega de Ciclismo polos estamentos de clubs, deportistas, técnicos e árbitros. Os requisitos e modelos de solicitudes para a súa presentación están dispoñibles no menú Eleccións 2018 ou na ligazón http://www.fgalegaciclismo.es/procesos-electorais no apartado Documentación Adicional.

Requisitos:

- Estar incluído/a no censo definitivo.

- Presentar escrito dirixido á Xunta Electoral por calquera medio que acredite fidedignamente en dereito a solicitude de presentar a súa candidatura a membro da Asemblea, indicando o estamento e circunscrición.

- Achegar fotocopia do DNI do/a solicitante.

Mais información:

A dirección postal para presentar as solicitudes é a da sede da FGC sita na rúa Fotógrafo Luís Ksado nº 17, 36209 Vigo

ou no e-mail juntaelectoral@fgalegaciclismo.es.

Asemesmo, dende o día, 5 de outubro ata o 11 de outubro, remata o prazo para solicitar o voto por correo, 5 días hábiles.