Precaución e respeto nas estradas durante esta Semana Santa





Tema: 

Dende a Federación Galega de Ciclismo facemos un chamamento á precaución, ao respeto e a sensibilidade nas estradas durante estes días.

Aproveitando as festividades de Semana Santa e o bo tempo moitos dos nosos compañeiros gozarán da súa paixón  realizando saídas en grupetas. Ao mesmo tempo tamén son xornadas que rexistran un alto volume de desprazamentos en coche coas operacións saída e retorno. 

A tolerancia nas estradas debe ser máxima, respetando a distancia de 1,5 metros, porque enriba de cada bicicleta vai unha vida. 

Desexámosvos unha boa Semana Santa e ao regreso pasaremos lista.