Preinscrición para o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual (CRI) 2016 do vindeiro 17 de maio





Modalidades: 

O prazo de preinscrición para o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual (CRI) 2016, que se celebrará o vindeiro 17 de maio en Baños de Molgas (Ourense), xa está aberto e pecharase o próximo día 12 de maio. Dous días máis tarde, o día 14 de maio, publicarase no web da Federación a orde de saída das distintas categorías.

Para formalizar a preinscrición haberá que entrar no formulario publicado en http://www.fundacionadomoure.com/campeonato-gallego-cri-2/#e cubrir os datos dos participantes por equipos e categorías.

A orde de saída poñeranse en función da orde da preinscrición, é dicir, o primeiro corredor anotado no formulario, é o primeiro en saír nesa categoría dese equipo e o último anotado é o último corredor en saír desa categoría e dese equipo.

A ORDE DE SAÍDA POR CATEGORÍAS SERÁ:

MASTER-60

MASTER-50

CADETE FEMININO*

CADETE MASCULINO*

MASTER-40

MASTER-30

JUNIOR FEMININO

JUNIOR MASCULINO

ELITE FEMININO

SUB 23

ELITE MASCULINO

 

*Os corredores e as corredoras cadetes deberán participar con bicicletas de carretera, sen acoples nin rodas de paos nin lenticulares (adxuntamos nota ao respecto da FGC)

Documentos: