Presentación do Campionato de Galicia de Enduro en Vigo





Modalidades: 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; os actuais líderes da Copa Galicia de Enduro masculina e feminina, Tony Pérez e Desirée Duarte (do Condado Bike A.D.), e o organizador, Guillermo Janeiro, explicou que esta é "unha proba extraordinariamente dura", e chiscou un ollo tamén á procedencia de Duarte, que é natural de Ponteareas. "É unha marca importante en ciclismo, non é un tema calquera, e liderar a Copa Galicia tampouco é tema menor". 

Clasificatorio o Cidade de Vigo para as Enduro World Series 2019, a única proba en España que puntúa para entrar no circuito mundial, Janeiro citou este asunto como "moi importante" pois supón a presenza de "bikers" de Portugal, de Galicia "e doutras partes de España" neste Trofeo Cidade de Vigo. 

Con 180 inscritos "un deles é o propio presidente Muñiz", a competición, que será ademais Campionato de Galicia de Enduro e decide a Copa Galicia (circuito de catro probas que pecha a VigoBikeContest), conta co apoio do Concello de Vigo, Montes de Vigo e a comunidade de montes de Candeán, ademais da Federación Galega de Ciclismo e, entre os patrocinadores, de Coca Cola, Gadis, Specialized, Five Ten ou Eléctrica Motorcycles.

Este ano a organización elixiu o parque forestal do monte Vixiador como saída e meta. "Sempre fomos fieis a Coruxo, pero tivemos que movernos de ubicación polos incendios", explicou o organizador.

Así, os tramos serán polo Vixiador e Candeán, pero tamén por Cedeira, Cabeiro e Trasmañó, parroquias de Redondela. Parte do recadado servirá para "plantar un cento de carballos nos montes de Coruxo", anunciou Janeiro. Caballero, pola súa banda, animou a que o público acuda a "un lugar extraordinario".

Esta é a terceira data da proba, posposta dúas veces en marzo (alerta laranxa e pésimo estado dos carreiros polas choivas). "Antes, aínda que houbese temporal, facíase igual... Isto modernizouse moito", chanceou o xefe do goberno local. 

Fonte: Concello de Vigo