Presentación do Club Ciclista Teis





Tema: 

O Club Ciclista Teis realizou a súa posta de longo oficial da nova temporada nun acto que por mor da chuvia tivo que celebrarse a cuberto no Centro Municipal Ríos de Vigo. Esta presentación contou coa presenza de Guillermo Sande, seleccionador galego, e de Begoña Carpinteiro, secretaria da Federación Galega de Ciclismo.

Esta entidade presidida por José A. Ramos Besteiro iniciou a campaña 2018 con 25 corredores nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Aos representantes da súa base hai que engadir un grupo de 41 cicloturistas.

 

Foto: Espe Simón