Presentación do III Ciclocross Concello de Viveiro - Trofeo Fe Seguros





Modalidades: 

A Copa Galicia de Ciclocross desembarca esta fin de semana na provincia de Lugo. O domingo chega a terceira edición do Ciclocross Concello de Viveiro - Trofeo Fe Seguros, oitava proba puntuable do certame autonómico e única que se celebra en terras lucenses. 

A presentación deste evento, que terá lugar no circuíto do Parque Penas Peón, contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Emilio Villarmea, e de varios integrantes do clube organizador, a Peña Ciclista Lar.