Presentación do VI Ciclocrós Terras do Vákner en Dumbría





Modalidades: 

Máis de 300 ciclistas inscribíronse para participar este sábado en Dumbría no VI Ciclocrós Terras do Vákner, quinta xornada puntuable para a Copa Galicia. A presentación deste evento tivo lugar este xoves nas instalación deportivas do Conco, coa presenza de José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría, e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. 

As carreiras disputárase como cada ano no circuito de cross do Conco, un terreo que os corredores/as coñecen ben e que, coas choivas destes días, seguro que ofrecerá un gran espectáculo. Os equipos e corredores teñen aparcadoiro reservado para colocar o material necesario, así como servizo de duchas, lavado de bicicletas e cafetería. 

A activididade na cita organizada polo Club Ciclista Dumbría comezará ás 14:00 horas coa saída da carreira de Promoción.