Presentación do XXII Trofeo Comunidade de Montes das Eiras





Tema: 

O 14 de novembro ás 20:00 prentouse no Salón de Plenos do Concello do Rosal o XXII Trofeo Comunidade de Montes das Eiras de Ciclocross organizado polo Club Ciclista O Rosal e que se celebrará o vindeiro sábado 16 de novembro a partires das 14:00.

No trofeo competirán as categorías de Promoción, Cadete, Junior, Master, Sub 23 e Elite. En todas elas dispútase categoría feminina e masculina.

Trátase ademais dun Trofeo transfronteirizo, xa que asistirán participantes de toda Galicia e Portugal ata sumar un total de 357 participantes.

Na presentación do Trofeo estiveron o Presidente do Club Ciclista Gerardo Álvarez, o secretario, Ramón Villa, e o directivo Alberto Sobrino. Así mesmo, tamén asistiron á mesma Guillermo Sande, Técnico da Federación Galega de Ciclismo e seleccionador, Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal, e Germán Fernández, Concelleiro de deportes.

Desde o Concello do Rosal queren felicitar de antemán ao Club Ciclista O Rosal pola organización deste gran evento e agradecer a colaboración da Comunidade de Montes das Eiras, de Deporte Galego da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Ciclismo, de todas as empresas e entidades colaboradoras e do equipo de Voluntarios de Protección Civil.

 

Fonte: Concello do Rosal