Presentación multitudinaria do Club Ciclista Compostelán-Muebles Compostela-Rosón Asesores





Tema: 

Un centenar de ciclistas comporán as filas do Club Ciclista Compostelán – Muebles Compostela – Rosón Asesores para a tempada 2018. O conxunto da capital de Galicia viviu a súa multitudinaria posta de longo no concesionario Toyota Compostela Movil.

A formación que preside Manuel Paz contará con equipos nas categorías de escolas ademais de cadetes e xuvenís. Aínda que a presenza é maioritaria en ciclismo de estrada tamén destaca un numeroso grupo de ciclistas das modalidades de montaña con representación tanto en enduro como descenso e campo a través así como os habituais de ciclocrós.

Joaquín González e Abel Gómez estarán unha campaña máis como responsables técnicos do equipo coa colaboración de Luís Neira e Alfonso López entre outros.

O acto de presentación serviu tamén para mostrar o novo coche do club, un vehículo de formato familiar e hibrido que Toyota achega ao equipo para o que resta de campaña. Os corredores formaron por categorías mostrando os detalles do novo equipamento que conta con máis predominio da cor branca e unha maior presenza do logotipo do patrocinador principal.

Manuel Paz (presidente) aproveitou a ocasión para agradecer os apoios dos novos patrocinadores e colaboradores como Toyota, Rosón Asesores Tributarios ou Domino´ s Pizza que se suman a Mobles Compostela. Manuel Tanoira de Toyota desexou moitos éxitos aos ciclistas e José Fernández de Mobles Compostela lembrou un ano máis á histórica relación da firma co equipo.

O que fose presidente da entidade, Nemesio López lembrou aos mozos a súa necesidade de esforzarse nas competicións como un ensino vital e pechou o acto o presidente da Fgc, Carlos Muñiz quen animou ao club santiagués no seu desexo de recuperar a clásica Volta dá Ascensión.

Foto ©CC Compostelano